- Categoría: Reportaxes
- Visitas: 3144
Feira do Viño de AMANDI 2016
Imaxes Destacadas
Os herdeiros da adega Proencia, inauguran esta feira do viño 2016, o sábado na lembranza do seu fundador, D. Tomás Arias Vázquez
Imaxes Destacadas
O domingo de Ramos no Concello de Sober a pregoeira oficial do evento deste ano, Silvia Jato Presentadora de TV, entre outras facetas, recolleu o tradicional agasallo de Olería de Gundivós que se aprecia na imaxe superior por parte do Concello.
Este ano como concello convidado estivo o de Parada do Sil que ten multitude de vínculos históricos có de Sober. No outro lado do Sil, os cañons, o mosteiro de Santa Cristina, a pasarela do río Mao, os balcóns de Madrid ou a necróples de San Víctor son algunhas das cousas polas que no ano 2015 fose declarado concello de interese turístico.
XXXVI Feira do viño de Amandi
As 23 adegas participantes desta XXXVI edición da Feira do Viño de Amandi presentaron o mellor da colleita do 2015, un ano excepcional para os caldos en toda Galicia.
Ainda que son moitos os amantes dos viños envellecidos o público asistente demanda o novo maioritariamente, para coñecer o paladar que se creou coa benevolencia do clima na última colleita.
Os cinco membros do xurado que compuxeron o panel de cata tiveron moi complicado a elección, escoller tres de vintetres non resulta unha laboura sinxela nin para o xefe da sección de Enoloxía da Estacion de Viticultura e Enoloxia de Galicia, nin para membros da asociación de sumilleres de Gallaecia ou de comités de Denominacións de Orixe, e moito mais complicado de elexir se o que ten que facelo é avogado ou investigador do CSIF.
XXXVI Feira do viño de Amandi
Ao final a decisión tíñase que tomar e neste caso os viños seleccionados foron : Peón producido en FIGUEIROÁ, Estrela producido en DOADE e Val da Lenda do Canton de AMANDI.
Centos de persoas asistiron ao pregón da guapísima Silvia Jato, unha gran profesional que resaltou o mellor destes caldos, ás súas xentes, as que o traballan e producen para deleite dos paladares máis sofisticados.
A Banda de Sober, o público asistente , moitos cós ramos ainda na man, o medios gráficos de comunicación, os políticos, os artistas e artesans, isto e moito máis.. o pulpo e postos comúns de feiras, facendo todo isto unha mistura multicultural con relacións públicas rica en variedade de clases e tipos compartindo todos xuntos, nunha gran xornada de lecer.
PRODUCTOS ARTESÁNS ELABORADOS NAS ALDEAS DO CONCELLO
EXPOSICIÓN DE CARTEIS E DEBUXOS DA XXXVI EDICION DA FEIRA
Máis Info, outras edicións.
http://aldeasgallegas.com/sober.html
http://aldeasgallegas.com/sober2014.html
http://aldeasgallegas.com/sober2015.html
http://aldeasgallegas.com/cataoficial.html
http://aldeasgallegas.com/SoberSelfie.html
Apertura oficial da XXXVI Feira do Viño de Amandi polas Autoridades #Amandi @ConcellodeSober @Hermanager pic.twitter.com/ukuwPR6tVR
— Aldeas e Vilas (@EAldeas) 19 marzo 2016