Artigos de Opinión

Artigos de Opinión

San Mateo no Val de Lemos

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

FESTA DE SAN MATEO 2016

Máis de medio cento de anos asistindo ao San Mateo, desde cando ían o burros coas alforxas cargadas de viandas onde non faltaban as empanadas de papuxas, asl perdices. conexos do monte , todo clase de embutidos e xamón das matas dos porcos caseiros , o roscón e os dulces caseiros , ben regados con viño bo, nada que ver coas de agora que só falta ir en helicoptero , e algún vin eu xa apagando o fogo o día da festa, as carpas , co pulpo , ou os feriantes levando o que os festeiros antes. Ainda que, en tantos anos pasei por varias familias e peñas devanceiras, como a de "Os de Sempre", desde fai uns anos estou noutra de familia e de amigos que organiza sempre Mariano Cedrón que é unha gozada de xente animada con músicos e gaiteiros , que acuden a participar e que nos fan a todos reloucar .

De esmorga no San Mateo no ano pasado 2012,

Mañán volveremos con folgos para troulear e disfrutar da ledicia desta festa de xuntazas de familiares y amizades que comparten músicas e lambetadas con xentil alegría até que o corpo aguante aínda que algúns se teñan que refrecar no río para rebaixar a quentura, Vémonos mañá eu xa teño o pandeiro a estirarlle o coiro para que resoe ó son das gaitas tamborileiros pandereteiras dos meus amigos de Lugo, Coruña Fonsagrada e Monforte despois de saborear un bo xantar.

Publicado por Germán López Quiroga en Jueves, 19 de septiembre de 2013

 

imprimir

Emigración Galega

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

   

    Nos tempos de Rosalía a pobreza e a miseria facían que os galegos tivesen que emigrar en  busca de traballo e un futuro mellor. Có paso dos anos a situación cambiou có que xa non tiñan por que marchar mais sempre houbo máis saídas noutros lugares.

   Hoxe en día aínda que contamos con moitísimas máis oportunidades que antes volvemos a marchar, somos outra vez emigrantes, pero nunha situación aínda que semellante e  comparable, diferente a aqueles tempos.

  A primeira diferenza máis notable e que naquel entón emigraban homes de mediana idade sen instrución que soñaban con volver ricos aos seus fogares. Hoxe por hoxe, quen máis  marcha é a xente nova e con carreiras, preparados ou licenciados que a pesar de todos os  seus títulos non poden atopar traballo en Galicia.

  Outra diferenza son os destinos aos que o galego emigra. O que antes era Arxentina, Cuba,  Suíza, Venezuela ou México; agora é Alemaña ou Inglaterra. O caso é que todo é cíclico,  por moito que teñamos máis opcións que no pasado, acabamos deixando a terra que a  maioría de nós tanto queremos.

    O galego parece que está condenado a sempre quedar con morriña, querendo voltar ao seu lar. Para deter esta situación o goberno debe facer algo. Non é normal que haxa xente  de case 70 anos traballando mentres que a xente nova, por non ter experiencia, non sexa  contratada.

 Esperemos que chegue o día onde podamos quedarnos aquí tranquilos sen necesidade de ir ao estranxeiro. 

                    

 

{jcomments on}

imprimir

Setembro de 2017

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

setembro 2

 

Non son soamente festas e vacacións, nas aldeas sempre hai traballo e nesta época máis.

Comeza setembro coa recolleita das patacas novas,  e a leña, dúas actividades comúns entre os habitantes das aldeas galegas.  Tamén lles é tempo de millo, eles saberán o que sementan, si é para silo ou para espiga.

Logo chegará a  vendima e  coido que este ano,  nesta zona non sei vai precisar contratar a ninguén dado que  Non será ano d´auga pero menos ano de viño!...Si recordades a finais de abril  viñera unha xeada que derramara  e cocera todolos racimos que daquela xa estaban formados.

No obstante, noutras zonas de España como CLM producen viño e teñen moitos viñedos aos que xa lle madura o froito e nolo van vender a bó precio para que fagamos un bó viño para a casa, para o ano enteiro, si se vive ou se bebe. Con este bullo facemos a augardente cando se libre  ou se trasfegue, por iso  uns fan a augardente un día e outros outro. 

Volver encher a cuba ou o  cubete  de novo  é sinal de que chegamos a vivir un pouquiño máis sendo testemuñas  do que nos contan e vemos que hai por aí aparte deiquí.

Hoxe fixo deceseis anos do atentando do once de setembro en EEUU, o mundo sigue en guerra. Os augurios que alá polo 2003 pronosticaba o "Mentireiro Verdadeiro" atinaron a maioría. O que levamos de século levámolo moi mal. Con crises humanitarias e guerras, con desigualdade, con excravitude, con manipulación. 

Seguimos sen ser do todo ceibes, ben sei que nunca ninguén o será pois as nosas paixóns son o cárcere máis confortable que temos todos en maior ou menor medida.

 

{jcomments on}

 

 

imprimir

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ofcavas