Citas culturais anuais

29/04 Feira da PLANTACIÓN en San Sadurniño

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 
 
 
Celebrar un día de festa en homenaxe ao tempo da sembra e da prantada de hortalizas é preciso para  a súa promoción. Cándo mellor que no mes de abril? Unha vez pasado o San Xurxo,  remolachas, coias, cebolas, leitugas, tomates, fabas, millo, todo se pode cultivar.
En tódalas feiras de Galicia véndense  prantas para xardíns,  leiras e  hortos.
 
 
 
 
CPI San Sadurniño, Avenida Marqués de Figueroa, 19, 15560 San Sadurniño, A Coruña, España
 
O evento está organizado polo Concello de San Sadurniño coa implicación dos departamentos de Medio Ambiente, Desenvolvemento local, Cultura e Turismo. Na feira daranse cita viveiros de planta e árbores, florerías, produtores de horta e firmas de maquinaria, ademais de postos de alimentación.

A feira iniciarase pola mañá e estará aberta ata o serán  e nela haberá á venda produtos de todo tipo relacionados co cultivo da terra. Ademais, todas as persoas asistentes levarán unha planta de recordo completamente de balde e durante o día celebraranse dous sorteos con produtos doados polos expositores.

Haberá lugar para xantar no propio recinto, aínda que San Sadurniño ofrece un grande abano de opcións para sentar á mesa por bo prezo. Desde o departamento de Turismo aconséllase reservar previamente, posto que nos días en que hai feiras ou mercados os restaurantes do territorio adoitan ter unha alta ocupación.

O recinto contará cunha grande carpa.

 

Tags: plantacion, verduras

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web