Citas culturais anuais

Feira do Viño en Quiroga D.O. Ribeira Sacra

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

2019 - 37º EDICIÓN

http://quirogaeunviño.gal

Para coñecer a actualidade dos viños españois o ideal é comprar unha guía onde aparezan reflectidos.

Nada máis chegar a Quiroga aprecio que " os quirogueses" saben disto e entre os postos ambulantes que fan o preámbulo á feira do viño, atopo libros e guías a escoller.

Esta feira é unha xuntanza anual de coselleiteiros da Ribeira Sacra, sendo a subzona que máis uvas vende ás grandes marcas consolidadas desta D.O. As casetas teñen escritas en letras grandes a parroquia da que son. Os colleiteiros na súa maioría acoden cos excedentes do viño producido e nestes dous días de feira aproveitan para recoller pedidos para a seguinte tempada, dar a catar a súa produción e compartir cos asistentes momentos de confraternidade e bo rollo.

Produtos naturais como polen, mel, aguardentes varias e embutidos atópanse no recinto da feira, cada un deles especificando claramente a súa procedencia e a naturalidade garantida.

Como é habitual o posto máis visitado neste tipo de feiras é o da alfarería. Xarras e vasos pintados ao momento son vendidos ás cuadrillas de mozos vindos para a ocasión. Os cales colgaránse ao pescozo como é tradición e encherán unha e outra vez ata completar a cata de todos os viños expostos.

Volvendo ao preámbulo da feira do viño cabo destacar os postos asentados para vender queixos, pans, bolas de millos e doces rexionais e nacionais, maquinaria para a horta e o céspede, antiguedades rebuscadas, cestas de mimbre da etnia xitana da comarca, e tamén atrapasoños dos artesanos indíxenas ecuatorianos vindos a estas terras.

E aínda que na feira tamén houbo mercadillo de roupas e Tómbola, non lles fago, máis que mención, así que si queren velo por si mesmos, non deixen de asistir á próxima feira do viño QUIROGA

O grupo de gaitas e danzas de Quiroga, actúa ano tras ano para inaugurar a ocasión e deixa oír o Himno do Antigo Reino de Galicia, amenizando as copas de viño que os presentes van a degustar

 

 

 

 

 

 

 Enlaces relacionados con esta comarca 

  http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.4368.php 

  Muestra del Aceite de Bendilló

  Concello de  Quiroga 

  En agosto Feira do Mel

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web