Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Destaca tu Evento o Negocio   Enxebre Web  14 Julio Outrora 

Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Citas culturais anuais

Carreira Popular en MONFORTE de LEMOS

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

 

 

 

ACCESO GALERÍA EVENTO

 Unha iniciativa que xurdiu fai xa nove anos e pretende non soamente ser unha opción para todos aquelas corredores e afeccionados ao running que viven nos redores ou que se desprazan adrede ata a localidade, senón amosar un escaparate de concienciación  a cidadanía da importancia que ten facer deporte.

Un traxecto plano e urbano  discorre na proba dos sete mil metros, que é a máis longa  que se disputa nesta carreira popular de Monforte. Pero correr en Monforte non é como correr nunha gran urbe xa que os enclaves naturais cós que conta a cidade fan sentirse aos participantes libres de contaminación e envoltos en paisaxes de lenda.

Un recoñecemento para a Policía Local que neste día así como noutras ocasións, tamén é un artífice decisivo para que a cidade non se colapse pese aos cortes das rúas polas que discorre a carreira e se adica a labor pedagóxica da información ao cidadán,  mentres cun ollo supervisa o tráfico e demais necesidades estean cubertas.

Outro recoñecemento para todos aqueles voluntarios, protección civil, Cruz Roxa, que poñen da súa parte para que a convivenza entre os corredores, público e cidadáns que nada teñen que ver coa proba sexa posible.

E como non podía  faltar o recoñecemento a corporación municipal que promove este tipo de eventos e aos demais traballadores do concello que se implican no acontecemento.

 

 

A 9ª edición da carreira popular de Monforte foi este domingo 23 de abril

Detalles do evento deportivo

O inicio das probas de menores foi ás 11 da mañá, mentres que a carreira absoluta saiu ás 12 horas.

“Este evento fai un percorrido totalmente urbano partindo da explanada da Compañía e discorrendo por varias rúas do casco histórico da cidade.

O Alcalde, José Tomé, lanza unha mensaxe de ánimo a todas aquelas persoas que teñan interese en eventos deportivos coma este: “dende o Concello de Monforte animamos a  toda a xente a participar”.

Para acceder aos resultados: https://championchipnorte.com/resultados/ix-carreira-popular-concello-de-monforte-2017/carreira-absoluta-2001-e-ant/1

 

As carreiras que non se coidan non duran mentres que as boas fánse ano tras ano superándose en organización, como está a acontecer coa carreira de Monforte  e tamén,  por mencionar outras do inmediato perímetro,  Chantada que se celebra este domingo 30/04 ou  Pantón que xa vai na XVII edición e que  se celebrará este ano o 27 mayo

Este ano coincidiu  a IX edición coa  celebración mundial do Día do Libro polo que moitas das librarias da cidade do Cabe permaneceron abertas ao longo da xornada e no mercadillo numerosos postos de libros estiveron a disposición dos cidadáns.

 

ACCESO GALERÍA EVENTO

 

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.