Pili Sánchez Martínez

Image
Image

Pili Sánchez

Escritora 

Pili Sánchez nace e vive en Monforte. É diplomada en Maxisterio (Ciencias Humanas) e licenciada en Xeografía e Historia. Escribe dende nena por afección e como ela di por necesidade vital. O que escribe é froito da ilusión, das súas emocións, da imaxinación e das súas vivencias. Nos últimos anos decide compartir os seus escritos e en plena pandemia publica o seu primeiro libro: o poemario De vida e morte, amor e indiferenza,  co que facemos inauguración do noso selo editorial, e o libro de contos Estamos de Conto. Dous anos máis tarde publicará o seu segundo libro de contos Seguimos de Conto e dado o éxito acadado unha segunda edición do anterior.

Podedes atopar máis información dos seus libros na súa páxina www.pilisanchez.com